ROBÓTICA.

Ola chicos e chicas!
Hoxe vimos falar de robótica, xustamente dum proxecto creado polos alumnos e alumnas do IES A Xunqueira II, de Pontevedra.
Neste blog, os meus compañeiros e compañeiras  falarán sobre un proxecto que viñeron presentarnos estos alumnos á facultade, sobre a esclerosis múltiple. Eu ese día non puiden asistir á clase co cal, eu vou comentar o que vivimos só as persoas que somos do grupo B2 da clase de novas tecnoloxías.
O venres 15 de novembro as nosas profesoras de novas tecnoloxías leváronnos ao instituto onde os alumnos e alumnas de 4º da ESO fixeron varios proxectos utilizando a robótica e a tecnoloxía. Había varios proxectos pero vou comentar os que máis me chamaron a atención. 
Uns dos primeiros foi “A pecera”. Como o seu nome indíca, é unha pecera grande con varios peixes e os alumnos/as comentábannos que anteriormente os peixes morrían porque olvidávanse de darlles comida, ou a auga tiña un PH que non era o adecuado ou mismamente a auga estaba demasiado fría ou demasiado quente. Para solucionar estes problemas e mediante a tecnoloxía e o seu traballo, fixeron un comedero automático onde de cada 4 horas lle proporcionaba comida aos peixes. Era un sistema onde eles insertaban bastante cantidade de comida e ás 4 horas e de forma automática dispensaba a cantidade adeucada de comida que deberían ter os peixes para así, non pasaran fame. Outra idea que tiveron foi crear un dispositivo que medira a temperatura da auga e o PH. Todo isto utilizando placas e conexións para que funcionara. Sorprendeume moito xa que eu a día de hoxe non sabría nin facelo nin se me ocurrirían esas ideas.
Outro proxecto que nos ensinaron utilizando a tecnoloxía, foi para medir a elasticidade. Consistía nun sensor que che dicía si tiñas “elasticidade” ou non. Si chegabas coas mans aos pés e aguantabas uns segundos, o sensor poñíase en verde, si non estaba claro porque te movías poñiase laranxa e si non te recoñecía porque estabas demasiado lonxe pois o sensor estaría de cor vermello. Está moi ben ver como alumnos/as de 4º curso se interesan pola tecnoloxía e saben facer todas estas cousas.
Despois, deixando a tecnoloxía un pouco ao lado, na clase de matemáticas fixeron un dominó con logaritmos e tamén un bingo. A profesora decía que practicamente ese sería o seu exame, xa que para facer o dominó e o bingo tiveron que propoñer, diseñar e resolver eles mesmos todos os exercicios.
En definitiva, pareceme que os profesores deste instituto están facendo unha gran labor xa que están ensinando a robótica e a tecnoloxía de forma que solucionen problemas, están traballando o currículo dunha forma diferente pero tamén necesaria e o aprendizaxe que están tendo os rapaces/as é envidiable. Aprenden moito e dunha forma moi lúdica!
E hasta aquí o meu blog de hoxe! Espero que eu algún día tamén poida ensinarlles aos meus alumnos/as algo tan valiosos como é a robótica e a tecnoloxía ben empregada.Un abrazo!

Comentarios